Mel Casa Príncipe

A nosa historia

"Pastores de abellas" desde xeracións. Envasamos os sabores das paisaxes dos Ancares.

Mel Casa Príncipe. Mel das montañas de Navia de Suarna, comarca de Os Ancares, Lugo
Mel Casa Príncipe. Mel das montañas de Navia de Suarna, comarca de Os Ancares, Lugo

O noso legado

Pastores de abellas

Esta historia comeza co legado do noso pai e o seu amor pola natureza, o que inspirou a mantermos este lazo entre abellas e os Ancares e converternos en pastores de abellas.

A tradición abelleira constitúe unha cultura enxebre dos Ancares que ten coma mellor expresión a existencia dunha arquitectura popular de enorme beleza: os cortíns, espallados polos seus montes e vales.

Mel Casa Príncipe. Mel das montañas de Navia de Suarna, comarca de Os Ancares, Lugo

Arquitectura popular

Os cortíns, patrimonio dos Ancares

Son un patrimonio único e simbólico da nosa historia, dando pé a un xeito de vida xa case extinto das xentes que viviron nesta Serra.

Moitos destes vellos cortíns asolan esquecidos no tempo ante unha apicultura que se anovou facendo que estas xoias da arquitectura do País se percibirán coma pouco útiles.

O futuro da apicultura

Novos retos, vellas leccións

Hoxe os novos retos aos que se enfronta a apicultura, que encara un futuro delicado e de crise, ante novos escenarios con consecuencias moi negativas sobre a poboación de abellas —coma o cambio climático, a perdida de biodiversidade, a expansión de especies de fóra, caso da vespa velutina— fai preciso tirar de leccións da tradición que logrou durante tantos séculos manter este oficio.

Mel Casa Príncipe. Mel das montañas de Navia de Suarna, comarca de Os Ancares, Lugo

O noso xeito de facer

Tradición e modernidade

En Casa Príncipe estamos certos de que axuntar tradición e modernidade abelleira é a resposta para dar continuidade ás seguintes xeracións do pecorear das abellas nos Ancares.

Esta aposta lévanos a recuperar vellos cortíns, adaptando o tamaño dos colmeares ás súas singularidades, o que implica que o noso oficio sexa máis laborioso e complexo, máis coa recompensa de propiciar ás nosas abellas unha mellor convivencia coa contorna, así coma producir meles moi especiais e de intenso e valiosísimo sabor.

“Cada bote do mel Casa Príncipe é un anaco da paisaxe dos Ancares trasladado ao sentido do gusto: o sabor dos seus bosques, matogueiras, soutos, ríos e cumes. Ten de ingrediente un facer de sentimento coa recuperación da nosa biodiversidade, do voltar dos osos á Serra, do canto dos paxaros…”

— Casa Príncipe

Mel Casa Príncipe. Mel das montañas de Navia de Suarna, comarca de Os Ancares, Lugo

Reserva da Biosfera

Compromiso co territorio

En Casa Príncipe traballamos para que o noso xeito de facer mel aporte un valor de compromiso ao lugar que tanto queremos: os Ancares, un espazo patrimonial, cultural e natural recoñecido coma Rede Natura e Reserva da Biosfera por tan senlleiros valores.

Proba a nosa colleita!

Descubre o mel dos Ancares

Mel artesanal elaborada en cortíns tradicionais recuperados. Cada colleita é única e irrepetible.