O noso mel
Recollemos o sabor de todas as floracións das paisaxes dos nosos cortíns. Cada ano o mel é único, variando en matices e sabores.
O noso xeito de facer
En Casa Príncipe facemos a recollida do mel (esmelga) ao final do verán. Así recollemos o sabor de todas as floracións das paisaxes dos nosos cortíns: castaños, uces, silvas…
A porcentaxe de néctar de cada tipo de flor varía todos os anos, dependendo das condicións ambientais e meteorolóxicas de cada ano.
Por isto, cada ano o mel é único, variando en matices e sabores.
Colleita 2025
Cortíns de Villarpandín e Muñís
Nesta colleita o castaño predomina moi notablemente, sendo suficiente para poderse etiquetar como monofloral, pero aparece tamén a uz (brezo). É un mel de cor ámbar escura cun lixeiro aroma a madeira mollada e un sabor doce máis bravo con unhas notas saladas e amargas aportadas pola uz.
12€ / 950g
7€ / 475g
Cortín de Braña de Pena
Na colleita deste ano o castaño e a silva predominan moito sobre todo o resto de floracións, o que lle dá a este mel unha cor ámbar escura, un aroma floral e un sabor doce con notas ácidas.
12€ / 950g
7€ / 475g
Do cortín á túa mesa
1
Coidado
Mantemos os cortíns tradicionais recuperados con mimo e respecto pola tradición.
2
Esmelga
Ao final do verán recollemos o mel, respectando o ciclo natural das abellas.
3
Envasado
Envasamos de forma artesanal, sen procesos industriais que alteren o produto.
4
Entrega
Enviamos directamente á túa casa o sabor auténtico dos Ancares.
Proba a nosa colleita!
Mel artesanal elaborada en cortíns tradicionais recuperados. Cada colleita é única e irrepetible.